Déixate levar

Déixate levar pola corrente, déixate levar polo mundo. Non loites, non mires atrás, non protestes. Déixate levar e non sentirás dor.

A túa vida será indolora, posiblemente tamén incolora. O de inodora xa non o teño tan claro. Seguro que cheira. Cheira mal. Cheira a que non cambiaches de rumbo dende fai tempo. Cheira a que levas facendo o mesmo dende fai séculos. Cheira a que tes medo de cambiar.

Pero segue, déixate levar pola corrente, déixate levar pola xente. Non te comprometas a nada. Non chores, non sintas nada.  Déixate levar e serás parte do sistema.

Serás parte do mundo. Serás parte de que todo siga igual. Sigue polo teu camiño. Sigue polo teu rumbo.

Teño claro que se miras atrás sentirás dor. Teño claro que se miras atrás sentirás amor. Teño claro de que é un risco. O tema é, serás capaz de seguir a corrente ou serás capaz de asumir riscos?

 

Adicado a Ricky, in memorian.  Unha das persoas que me ensinou que o pensamento diagonal é posible.