Copazos

Non son moito de saír. E menos de saír nestos lugares última moda onde unha cara mira hacia a outra cara cun copazo na man amosando poderío. Si, un copazo, non unha copa.

Canto máis grande maior, máis poder máis cristal, máis cartos. É como se che dera un don máxico no cal ti ese día, esa noite, eres o rei. O rei do cortello pero o rei.

E penso nas cuncas de viño. Esa cerámica tan sinxela que nos da cercanía. Porque a cunca de viño non se bebe sola. A cunca de viño non se toma con algunha pretensión. A cunca de viño tómase falando, mirando e brindando.

Que sinxela é a vida cando non te propós nada máis que tomar unha cunca de viño, sen cristal, sen xeo ata arriba, sen poderío mais ca amizade do viño.

Amiga cunca. Os meus respetos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.